Os atletas da Sociedade Ximnástica, pezas craves para o nacional de probas combinadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A Federación Española acaba de publicar a relación de Federacións Autonómicas clasificadas para o Campionato de España de Probas Combinadas, que se celebrará a principios de maio en Cartaxena e na que estará de novo Galicia.

As Federacións Autonómicas tiveron que enviar unha relación de atletas coas súas marcas para poder clasificarse entre as 7 mellores, xa que Murcia, en calidade de anfitrioa, practicamente estaba clasificada de oficio.

Dous atletas pontevedreses, Sandra Carballo e Santi Ferrer Alonso; lideraron o ranking galego de probas combinadas e as súas puntuacións foron imprescindibles para acudir de novo ao Campionato de España, no que o ano pasado Galicia estivo preto das medallas cun magnífico cuarto posto; ademais Sandra mellorou en Soria a súa marca persoal.

Agora haberá que esperar á publicación da selección galega que acuda a Cartaxena, que a formarán dúas mozas e dous mozos; tanto Santi como Sandra, teñen moitas papeletas para formar parte da mesma e pódese unir o júnior da Ximnástica, Darío Costas, que recentemente se proclamou Campión Galego júnior de inverno, da especialidade.

7 de abril de 2015 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.