Os ‘Animais de Conto’ chegan o venres á Biblioteca de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro venres 17 da abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Animais de Conto’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de animais e como manualidade monicreques de cartolina -os/as participantes deberán traer unha cartolina rosa ou azul en tamaño A4-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624.

Por outra banda, na xornada de mañá 14 de abril e tamén o mércores, medio centenar de alumnos/as do CEIP Princesa de España visitarán as instalacións da Biblioteca de Verín. Durante a mesma coñecerán o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano.

13 de abril de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.