Os alumnos do IES Castro Alobre de Vilagarcía farán mañá o Roteiro Castelao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Un grupo de 50 alumnos/as de 4º de ESO do IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa) fará mañá xoves, día 9 de abril, o roteiro Castelao polas rúas da zona histórica de Pontevedra. A saída está prevista para as 10 horas desde a praza da Ferraría. A actividade inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.

O Concello de Pontevedra segue a ofrecer estas visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.

8 de abril de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.