Os alumnos do Froebel e de Salceda de Caselas fan os roteiros dos Bolechas e Castelao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O primeiro grupo é de 25 nenos e nenas do 5º curso de educación infantil do CEIP Froebel que farán o roteiro dos Bolechas. A saída está programada para as 10 horas desde a praza da Peregrina. O roteiro dos Bolechas é unha iniciativa da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra para dinamizar o uso da lingua galega entre nenos e nenas de 1 a 7 anos. Con esta excursión pola zona antiga de Pontevedra os máis pequenos e pequenas farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade, con xogos e contidos adaptados ás súas características.

Roteiro Castelao

O segundo grupo, 40 alumnos/as de 4º curso de ESO do IES Salceda de Caselas, fará o roteiro Castelao ás 16 horas, desde a praza da Ferraría, O percorrido deste roteiro inclúe unha visita ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.

O Concello de Pontevedra segue a ofrecer esta visita guiada pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, estas visitas poderían sufrir modificacións.

10 de abril de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.