Orozco e integrantes da candidatura socialista de Lugo reúnense con asociacións de interese social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Orozco na reunión coa asociación

Orozco na reunión coa asociación

José López Orozco, cabeza de lista da candidatura socialista á Alcaldía de Lugo, acompañado de Ana González Abelleira, Ana Prieto e Miguel Fernández Méndez, mantiveron hoxe encontros coas entidades de interese social que teñen as súas sedes na Casa Clara Campoamor e na Casa María Mariño da cidade.

A candidatura socialista celebrou estas xuntanzas coa finalidade de atender as demandas e necesidades dos representantes destas asociacións que traballan no terceiro sector en ámbitos que abranguen dende a igualdade ou a accesibilidade, ata o benestar, a saúde ou a solidariedade.

As propostas achegadas na reunión polas entidades de interese social serán consideradas á hora de confeccionar o programa electoral co que os socialistas lucenses concorrerán ás eleccións municipais do próximo 24 de maio.

Nas próximas semanas a candidatura socialista, encabezada por José López Orozco, seguirá desenvolvendo encontros con colectivos empresariais, veciñais e sociais co fin de recoller suxestións e elaborar, deste xeito, un programa electoral no que participen diferentes entidades da sociedade lucense.

9 de abril de 2015 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.