Oral Group de Pedro Pazos imponse no II Trofeo Ferradura
Duras condicións de vento na primeira proba deron vistosidade e emoción á xa de por si interesante proba. As tres embarcacións que se disputaban o podium situáronse na linea de saída todas elas coas mesmas opcións. A proba un do día comezou ás 12.16.00 cun percorrido Barlovento- Sotavento de 6 millas que as embarcacións cubriron en pouco máis dunha hora. A vitoria fué para o ORAL GROUP seguido do MEGIAS FORA a só 40 segundos.
A proba dúas deuse baixo unhas condicións de vento moito máis suaves e a rivalidade deixouse ver na mesma liña de saída, sendo o SARA de Rafael Blanco o primeiro en cruzar cunha boa saída táctica o que sen dúbida lle valeu para alzarse coa vitoria nesa proba seguido a máis dun minuto polo Oral Group.
Na xeral e tras catro probas realizadas entre o 7 de marzo e o 25 de abril o ORAL GROUP de Pedro Pazos sitúase na primeira posición con 4 puntos, seguido polo SARA de Rafael Blanco con 6 puntos e o MEIGAS FORA de Jose Codesido tamén con 6 ptos pero cun desempate desfavorable.











