publicidade hoxe

Oleiros organiza o XV Ciclo de Concertos Pedagóxicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Ensino, organiza esta semana, hoxe e o próximo xoves día 9 abril, os XV Concertos Pedagóxicos dirixidos ao alumnado e profesorado da educación primaria dos colexios públicos de Oleiros. Estímase unha participación de 1330 espectadores, e un total de 4 funcións musicais, distribuídas do seguinte xeito.

Hoxe terá lugar o Concerto pedagóxico de Odaiko co espectáculo titulado Vaia Circo!. A esta actuación asistirán 635 alumnos e profesores das aulas de 4º, 5º e 6º da educación primaria, realizándose dous pases. Pola súa parte o xoves 9 de abril, terá lugar o espectáculo didáctico musical denominado De aquí para alá, de Lydia Botana Taibo para o alumnado e profesorado de 1º a 3º de educación primaria, cun total de 695 espectadores. Faranse dous pases, un ás 10.00 h e o segundo ás 12.00 h. Estes espectáculos, que se celebran no auditorio de Mera, son totalmente gratuítos para o alumnado e profesorado dos colexios públicos.

7 de abril de 2015 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.