publicidade hoxe

Oleiros imparte un curso para procurar traballo a través de internet

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros, dentro do seu plan de formación municipal, puxo en marcha unha nova acción formativa dirixida a persoas demandantes de emprego usuarias da bolsa municipal de emprego. O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo imparte ata o próximo 15 deste mes un curso de Alfabetización Informática: Procura de emprego a través de internet. Esta acción formativa está dirixida a demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, de cara a facilitar aos usuarios e usuarias unha ferramenta imprescindible na realidade laboral actual. No curso trabállanse aspectos como o manexo do ordenador, creación dunha conta de correo electrónico e técnicas de busca de emprego a través de internet.

1 de abril de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.