publicidade hoxe

Oleiros apoiará as AMPA tras o anuncio da Xunta de non asumir a xestión do comedor do futuro colexio de Nós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Goberno local de Oleiros apoiará ao colectivo de pais e nais de alumnos e alumnas do futuro colexio de Nós en todas as medidas que tomen tras o anuncio da Xunta de non asumir a xestión do comedor escolar durante o próximo curso. Ante o descaro da proposta realizada pola delegada do Goberno da Xunta aos pais e nais do alumnado deste centro escolar, na que pretendía que o Concello asumise as obrigas da Consellería de Educación respecto ao funcionamento do comedor escolar, o Concello anuncia que apoiará todas as medias que tomen as AMPA para defender os dereitos dos escolares.

Unha vez máis a Xunta de Galicia deixa en evidencia a súa incapacidade para xestionar e defender a educación pública de calidade. O Goberno autonómico está subtraendo recursos e vulnerando dereitos como neste caso son o comedor ou o transporte escolar. Recursos cos que pouco a pouco vai socavando a calidade do sistema de educación público. O Goberno local de Oleiros non permitirá que isto suceda en ningún dos centros do municipio.

29 de abril de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.