Obradoiro de informática e internet en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

A Asociación de Desenvolvemento Rural Terras do Deza vai  levar a cabo, a partir do 23 de abril, na aula Cemit do Concello de Lalín, un Obradoiro Práctico de Informática e internet aplicados ao medio rural no marco do proxecto IV Plan de Acompañamento do Sector Agrario, Alimentario e Turístico.

O horario será de 11 a 13 h. os días 23 e 24 e de 13.30 a 13.30 h. os días 28 e 30.

A programación incluirá:

-Práctica I: conceptos básicos de informática

-Práctica III: correo electrónico e internet

-Práctica IV: aplicación práctica ao medio rural.

A inscrición é gratuíta e está dirixio a agricultores e gandeiros da comarca. As prazas dispoñibles son 18, limtadas polo aforo da aula, e será impartido na Aula Cemit do Concello de Lalín, na rúa Parque s/n, xunto ao auditorio.

Para máis información e inscricións na Asociación de Desenvolvemento Rural Terras do Deza no polígono industrial Lalín 2000 ou no teléfono 986 79 44 63

10 de abril de 2015 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.