O Xulgado dá a razón ao Concello de Lugo nunha reclamación interposta pola empresa Aparkisa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Concello de Lugo ven de gañar unha reclamación que fixo a empresa Aparkisa tal e como indica a sentenza do Xulgado nº2 de Lugo que rexeitou o recurso interposto pola empresa en contra do Concello.

O Voceiro do Goberno Local explicou que esta empresa reclamaba o pago de amortizacións supostamente pendentes do contrato do servizo de regulación de aparcamentos en zona pública e valoradas en máis de 71.000 euros e aos que a sentenza lles quita a razón e tamén lles impón o pago das costas xudiciais.

Do mesmo xeito, o Xulgado declara a conformidade co dereito da resolución adoptada no seu momento polo Concello, “porque sempre actuamos conformes á normativa e non estimamos a reclamación dunha empresa” segundo explicou o Voceiro.

Luis Álvarez explicou que o problema era quen ía lembrar as declaracións que o Partido Popular fixera no seu momento e no que “nos acusaban que pola nosa ineficacia o Concello de Lugo tería que pagar indemnizacións millonarias por non prorrogarlle o contrato a esa empresa”.

“Vai tirar agora o PP de hemeroteca e decirlle á opinión pública polo menos que estaban equivocados? Nós xa non agardamos que o PP recoñeza ningún erro e moito menos pida desculpas por todas as dúbidas que levan sementado por este tema” segundo Luis Álvarez.

29 de abril de 2015 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.