O xoves remata o prazo para a inscrición no concurso de Maios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O vindeiro xoves remata o prazo para inscrición no concurso de Maios e Coplas deste 2015. Este ano o Concello de Ourense completa a programación da Festa dos Maios con diversas actividades culturais para a ponte festiva, entre as que destacan os concertos do XIX Festival de Jazz de Primavera Abe Rábade trío & Real Filharmonía de Galicia que será o venres no Auditorio Municipal e Carles Benavent trío + Antonio Serrano e Raynald Colom o sábado na Praza de Santa Eufemia.

A maiores o mesmo sábado terá lugar un concerto, do coro Aires da Terra: o legado de Feijoo, en homenaxe a don Perfecto Feijoo, un dos pais dos coros galegos. Será no Liceo ás 20 h.

Finalmente o domingo será o festexo dos Maios na Alameda do Concello. A partir das 12 h comezarán as actividades co protagonismo da exposición da creacións que participen no concurso. As actividades completas para estes días están a continuación:

Día 1 de maio dentro do XIX  Festival de Jazz de primavera: Abe Rábade trío &  Real Filharmonía de Galicia. No Auditorio Municipal ás 22.00horas

Día 2 de maio: ás 20.00 Concerto do coro Aires da Terra: o legado de Feijoo no Salón Nobre do  Liceo. Ás 23.00 horas dentro do XIX Festival de Jazz de Primavera: Carles Benavent trio+Antonio Serrano e Raynald Colom na Praza de Santa Eufemia.

Día 3 de maio: Festa dos Maios, a partir das 12.00 na Alameda do Concello; ás 13.00 Concerto da Banda Municipal de música de 12.00 a 16.00 Sesión Vermú con petiscos; ás 16.30 Xogos e enredos populares e ás 18.30 Entrega de premios e canto de coplas finalistas

28 de abril de 2015 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.