O vindeiro sábado terá lugar a quinta edición da Masterclass de Aeróbicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Por quinto ano consecutivo o Concello da Laracha organiza a Masterclass de aeróbicos, unha das citas deportivas de referencia na programación municipal durante a primavera que se celebrará o próximo sábado, día 18 de abril. A xornada desenvolverase desde as 16.30 ás 19.30 horas no pavillón do IES Agra de Leborís.

Nas tres horas de duración do evento practicaranse diferentes modalidades deportivas que combinan o fitness e a música, como o aeróbic, body combat e zumba.

O Concello da Laracha convida a asistir ao evento a todos os veciños que así o desexen, estando recomendada a participación a todas as persoas, independentemente da súa idade ou condición física. Non se require inscrición previa e a participación será totalmente gratuíta.

A Masterclass de aeróbicos realízase como proposta complementaria aos programas de actividades municipais que se desenvolven ao longo de todo o ano e que tamén inclúe disciplinas similares ás que se realizarán durante o evento do próximo sábado.

Nas catro edicións anteriores da Masterclass contouse con máis dun centenar de participantes, cifra que o Concello da Laracha agarda alcanzar tamén neste ano.

 

11 de abril de 2015 | 13:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.