publicidade hoxe

O VIII Trofeo Granitos Ibéricos rexistra 200 regatistas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOia
A-
A+

O VIII Trofeo Granitos Ibéricos de vela lixeira, que organiza anualmente o Cub Marítimo de Canido, rexistrou ata un total de 200 regatistas que, chegados desde diferentes poboacións españolas, farán da Ría de Vigo un marco idóneo para a competición velística de calidade entre os máis novos do deporte da vela.

A este destacado elenco únense diferentes vilas portuguesas, entre as que se atopan Portimao, situada ao sur do país luso, O Porto e Viana do Castelo, coa incorporación da Rexión Autónoma dos Azores.

Debido ao éxito da regata do Marítimo vigués, a Real Federación Española de Vela declarou oficialmente a cita como evento internacional. Destinado ás clases Optimist e Láser, durante os días 25 e 26 de abril a ensenada natural que conforma a praia de Samil, nas inmediacións de Canido, verase engalanada con ata 200 velas, sendo 150 as dos máis pequenos, navegando a bordo dos Optimist, e as 50 restantes ao tres modalidades do Láser, que son o Standard, o Radial e o 4.7, para os máis xuvenís da gran flota.

Granitos Ibéricos continúa a súa forte aposta polo deporte da vela, destinando todos os seus esforzos ás clases máis noveis, abrindo fronteiras entre outras comunidades, entre as que tamén se atopan Madrid e Castela e León.

Debido ao alto número de inscritos, o Club Marítimo de Canido desenvolveu un destacado despregamento loxístico, tanto en terra como na mar, coa colaboración do Concello de Vigo, Protección Civil, Coca Cola, Gadis, Tuypan, Bicasco, Magic Marine e as Federacións Real Española e Galega de Vela, así como as respectivas secretarías de clase.

Dez oficiais de regata faranse cargo das probas na auga, con dúas áreas ben diferenciadas para cada clase, onde a máis pequena destinada aos Optimist, estará inserida na zona marítima reservada ao Láser, obtendo un maior control sobre as flotas, sendo de especial vistosidade desde os areais de Samil e o Bao.

16 de abril de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.