publicidade hoxe

O VIII Concurso de Tapas Concello de Fene arranca con 30 establecementos participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+
Presentación do Concurso de Tapas de Fene

Presentación do Concurso de Tapas de Fene

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Juan José Franco, presentaron esta mañá na casa consistorial a VIII edición do Concurso de Tapas Concello de Fene 2015. Un certame que arrancará mañá mesmo, 1 de maio, coa participación dun total de 26 establecementos hosteleiros de practicamente todas as parroquias. Unha magnífica cifra que, para o alcalde, constata o éxito da convocatoria. Precisamente, ao superar a veintena de locais, o concurso prolongaráse por espazo de catro semanas, ata o 31 de maio. Os horarios de degustación, segundo explicou o edil de área, serán os venres de 20 a 22 horas; os sabados de 13 a 15 e de 20 a 22 horas, e os domingos, de 13 a 15 h.

Así mesmo, Juan José Franco confía en superar os rexistros de participación da edición anterior, cando se selaron máis de 8.000 tarxetas e completaron máis de 300 Fenerrutas. Os premios en xogo atraerán, sen dúbida, aos clientes. Entre aqueles que selen as tarxetas sortearánse dez bonos de 20 euros para consumir en establecementos adheridos á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos “O Cruceiro”, un mes de clase en calquera modalidade na Escola de Música Bellón Maceiras, estuches de productos de bodega Palacio, lote de perfumería de Marta Ameneiro Perfumería ou un pequeno electrodoméstico de Electro Agro Fene. Todos eles, cedidos polas entidades e marcas citadas. E, os que completen as Fenerrutas, entrarán a formar parte do sorteo dunha viaxe a Roma, Londres ou París de catro días cortesía de Estrella Galicia; unha escapada rural cedida por Organiza Viajes Fene; unha estancia nas bodegas Palacio, na Rioxa, facilitada por Exclusivas Rivas Suárez SL, ou un ano de socio para unha persoa no ximnasio Fitness Fene, cortesía deste.

En canto aos establecementos, haberá dúas modalidades de competición –tapa creativa e tapa tradicional- e dous xurados –popular e profesional-. E o o Concello editará unha guía na que figurarán os establecementos participantes para darlles promoción. Como novidade, o concelleiro avanza que o Concello programará maxia, danza, máis música e incluso monólogos de humor. Os establecementos participantes son: Ambigú CPS, Bar Os Remos, Bar Viti´s, Café Bar A Parada, Café Bar A Ponte, Café Bar Diosiño, Café Bar El Camarote, Café Bar Jesy, Café Bar Las Vegas, Cafetería Bombay, Cafetería Chámalle X, Cafetería Teima, Cantina O Pote, Cervecería Tapería Tívoli, Fussion, Liga de Amigos, O Cuarto Camiño, O Lar de Kike, Cafetería Carballo, Cafetería Lembranza, O Encontro de Leo´s, O Son de Cociña, Porto de Veiga, Pachamama, SCRD Agarimo e Tortoni.

30 de abril de 2015 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.