O transporte urbano da Coruña prestará servizo aos veciños de Meicende a partir do xoves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArteixoLocal Portada
A-
A+
Ethel Vázquez na sinatura do acordo cos alcaldes da Coruña e de Arteixo

Ethel Vázquez na sinatura do acordo cos alcaldes da Coruña e de Arteixo

O transporte urbano da Coruña comezará a prestar servizo aos veciños do núcleo de Meicende, en Arteixo, o vindeiro xoves, 30 de abril. Isto será posible grazas ao acordo asinado hoxe entre a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e os alcaldes da Coruña e Arteixo, Carlos Negreira e Carlos Calvelo, respectivamente. No acto participou, ademais, a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

A partir do xoves, os 3.500 veciños do núcleo de Meicende poderán facer uso do transporte público urbano da Coruña con frecuencias e tarifas análogas ás que actualmente se aplican na cidade herculina, segundo destacou Ethel Vázquez.

O acordo asinado hoxe supón que o transporte colectivo da Coruña realizará 4 paradas dentro do termo municipal de Arteixo, en Meicende, e terá 5 frecuencias cada hora, un autobús cada 12 minutos. Este servizo prestarase coa liña 6, que conta na actualidade con cinco autobuses e farase cargo del a mesma empresa que actualmente opera no transporte urbano do Concello da Coruña.

Poder ofrecer este servizo aos veciños de Meicende é posible grazas á aprobación da Lei 14/2013 de racionalización do sectror público, que permite adaptar os servizos públicos ás demandas reais dos cidadáns. Deste xeito, o transporte urbano da Coruña permitirá que os veciños de Meicende dispoñan dunha oferta acorde ás súas necesidades reais para aos seus desprazamentos diarios.

As peculiares características do núcleo de Meicende impedían que as necesidades de transporte dos veciños fose cubertas de xeito totalmente polos servizos de transporte interurbano. O cambio lexislativo permite que o transporte urbano da Coruña poida transcender os límites municipais e prestar servizo nesa zona do concello limítrofe de Arteixo, un feito que se fará efectivo grazas ao acordo asinado hoxe.

28 de abril de 2015 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.