publicidade hoxe

O Torneo Kromex de Segovia e o triangular de Imdecum estarán na axenda laranxa na Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Torneo Kromex Ciudad de Segovia e o II Triangular de Semana Santa Imdecum encherán a axenda do Futuro Laranxa durante a Semana. O Cadete A gozará do seu periplo en Segovia, nunha competición que reúne o mellorciño da base nesta categoría, entre o xoves e o sábado. Integrado no Grupo A, medirase a Riva Atlantis, Salamanca, Palma Futsal e Sierra Salinas.

As categorías prebenxamín, benxamín e alevín daranse cita no pavillón Vista Alegre de Burela o Xoves Santo para disputar a segunda edición do Torneo Triangular de Semana Santa Imdecum 2015; terán como rivais a AFD Porto de Burela e CMI Unidad de Fene.

Liga Provincial Feminina

O Burela FS Filial Feminino aproveitará o descanso ligueiro destas datas para xogar o partido aprazado fronte ao Frutas José Viveiro FSF; será en Vista Alegre, o sábado, a partir das 16.00 horas.

1 de abril de 2015 | 15:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.