O Tesouro de Ogmios recreará unha ficción celta nas rúas de Ourense o vindeiro sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Polígono Virtual de Galicia organiza, coa colaboración da Concellería de Comercio do Concello de Ourense, os concellos de Amoeiro e Ribadavia e a Asociación Galega de Empresas, Comercios e Autónomos (AGAECA), o “Tesouro dos Ogmios”, que terá lugar este sábado día 2 nas rúas da cidade. O evento pretende fomentar a competitividade, baseada no coñecemento do entorno e da historia, xunto coas antigas artes do comercio.

A saída será o sábado 2 de maio na Praza Maior. Os concursantes poderán participar en solitario, por parella ou por grupos, e descubrir as pistas que os levarán aos premios ocultos na cidade. O custe de inscrición é de 5 euros por persoa, -nenos gratis acompañados dun adulto e menores de 18 anos con autorización paterna-.

As persoas que desexen participar poden anotarse ata o propio día do xogo no Polígono Virtual de Galicia, na Avenida de Pontevedra número 13, 1ºA (Alameda) ou no Centro Comercial Pontevella. Máis información, no teléfono 988989758 ou eventos@pvgalicia.com.

O premio final é un lote de aportacións de empresas e comercios valorado nuns 1.500 euros, entre os que se atopan productos gourmet, estancias en balnearios, vales de compra ou degustacións en restaurantes.

Un euro de cada inscrición será destinado á Asociación Diabética Auria.

29 de abril de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.