O tenor Celso Albelo ofrecerá un recital que será gravado no Auditorio de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

Celso Albelo ofrecerá o vindeiro mes de maio, o un recital que será gravado dentro do ciclo “Ferrol en clave lírica”, programado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado. O espectáculo lírico terá lugar o día 2 de maio ás 20:30 horas no Auditorio de Ferrol. As entradas poden ser adquiridas con antelación no despacho do Teatro Jofre ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

Celso Albelo, o mellor tenor español según Plácido Domingo, debuta en Ferrol cun recital de arias de ópera, romanzas de zarzuela e cancións que ademais será gravado. Albelo, que a vindeira tempada será o único tenor español invitado a cantar no Metropolitan de Nova York, xunto á estrela norteamericana Sondra Radvanovsky, chegará ao Auditorio de Ferrol acompañado do pianista Juan Francisco Parra co que gravará na cidade o seu vindeiro trabalolo discográfico. O tenor elexiu o Auditorio ferrolán pola súa excelente acústica; e o programa do reicital incluirá romanzas de zarzuela (“Luis Fernanda”, “Don Gil de Alcalá”,…), arias de óperas (“El elixir de amor”, “Lucia di Lamermoor”, “La favorita”,…) e cancións de Turina, Ginastera e Guastavino.

Considerado un dos mellores tenores da actualidade, Celso Albelo continúa a pegada dos grandes cantantes españoles e distínguese por poseer unha voz de gran corpo e homoxeneirdade e un timbre brillante e atractivo. Elementos aos que une unha liña de canto depurada e un fraseo expresivo e cargado de sentimento. Polo seu talento e dedicación, Albelo foi galardonado con, entre outros os Premios Ópera Actual 2008, o Óscar da Lírica da Fundación Verona per l´Arena (2010) e o Premio Lírico Teatro Campoamor, o máis importante de España, na categoría en dúas ocasións: en 2010 como cantante revelación por Puritani en A Coruña, e en 2012 como mellor tenor por L´elisir d´amore en Bilbao. Tamén posúe a Medalla de Ouro das Illas Canarias (2013) e o Premio Giuseppe Lugo 2013.

20 de abril de 2015 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.