O tenor Celso Albelo ofrecerá no auditorio de Ferrol un recital que gravará para o seu novo traballo discográfico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

Celso Albelo ofrecerá pasadomañá sábado un recital no Auditorio de Ferrol que formará parte do seu novo traballo discográfico. Esta actuación será gravada e forma parte do ciclo “Ferrol en clave lírica”, programado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado. O espectáculo lírico dará comezo ás 20:30 horas e as entradas poden ser adquiridas con antelación no despacho do Teatro Jofre ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

Celso Albelo, o mellor tenor español según Plácido Domingo, debuta en Ferrol cun recital de arias de ópera, romanzas de zarzuela e cancións que ademais será gravado. Tralo seu recente triunfo na Ópera de Viena xunto á soprano Anna Netrebko, en “Ana Bolenna”, Albelo regresa a Galicia para gravar o seu novo disco acompañado polo pianista Juan Francisco Parra no auditorio ferrolán. O tenor elexiu o Auditorio ferrolán pola súa excelente acústica; e o programa do recital incluirá romanzas de zarzuela (“Luis Fernanda”, “Don Gil de Alcalá”,…), arias de óperas (“El elixir de amor”, “Lucia di Lamermoor”, “La favorita”,…) e cancións de Turina, Ginastera e Guastavino.

Considerado un dos mellores tenores da actualidade, Celso Albelo continúa a pegada dos grandes cantantes españoles e distínguese por poseer unha voz de gran corpo e homoxeneirdade e un timbre brillante e atractivo. Elementos aos que une unha liña de canto depurada e un fraseo expresivo e cargado de sentimento. Polo seu talento e dedicación, Albelo foi galardonado con, entre outros os Premios Ópera Actual 2008, o Óscar da Lírica da Fundación Verona per l´Arena (2010) e o Premio Lírico Teatro Campoamor, o máis importante de España, na categoría en dúas ocasións: en 2010 como cantante revelación por Puritani en A Coruña, e en 2012 como mellor tenor por L´elisir d´amore en Bilbao. Tamén posúe a Medalla de Ouro das Illas Canarias (2013) e o Premio Giuseppe Lugo 2013.

30 de abril de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.