O Son dos Cantares celebra o seu oitavo concerto coral
O Multiusos das Pozas acollerá o vindeiro domingo, día 26 de abril, ás 17.00 horas o VIII Concerto O Son dos Cantares, organizado pola Coral Polifónica O Son dos Cantares e na que participarán, ademais da anfitriona e colaboradora, a Coral Vilamartín de Valdeorras (Ourense), a Coral Polifónica Concello de Sarria (Lugo), a Coral Villa de Jovellanos (Gijón) e o Orfeao Sol do Troviscal (Portugal). A entrada e libre e de balde para tódolos públicos.











