O secretario xeral de Política Lingüística recibe ao alumnado de galego do Bierzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Valentín García xunto ao alumnado do Bierzo

Valentín García xunto ao alumnado do Bierzo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu este mediodía no Museo Pedagóxico de Galicia un grupo de 135 alumnos e alumnas que estudan galego no Bierzo, no marco do protocolo de colaboración asinado pola Xunta de Galicia e pola Junta de Castela e León, de visita de estudos en Galicia durante estes días. Tamén participaron na recepción a subdirectora xeral de Política Lingüística, Concepción García, e mais a directora do MUPEGA, Beatriz Seco.

30 de abril de 2015 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.