O Santiago Futsal dá por finalizado o proceso concursal tras aprobarse xudicialmente a proposta de convenio do club
O xuíz do Xulgado do mercantil nº2 da Coruña ditou sentenza aprobando o convenio aceptado pola maioría legal suficiente pola xunta de acredores do Santiago Futsal celebrada o pasado 12 de marzo. Ponse fin por tanto ao proceso concursal iniciado polo club Santiago Futsal o pasado 15 de xullo de 2014, quedando substituídos os efectos da declaración do concurso de acredores polos que se establecen no convenio aprobado.











