publicidade hoxe

O Salón de Actos albergará unha exposición de pinturas da escola municipal de Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+

O Salón de Actos acollerá nos próximos días unha exposición de pintura dos alumnos da escola municipal, unha mostra que permanecerá aberta entre o 10 e o 17 deste mes, en horario de 18.00 a 20.00 horas. A exposición reúne obras de máis recente execución asinadas polos usuarios da escola municipal, nas disciplinas de debuxo e pintura.

A diversidade de expresións artístico plásticas é unha das virtudes desta mostra, na que cada un dos expositores, empregando diversas técnicas, entre as que figuran carboncillo, pastel, óleo ou acrílico, plasmaron con gran creatividade diversos temas, tales como o bodegón, as flores, o espido e, especialmente, a paisaxe a través dun fío condutor común, a contorna de Nigrán e a comarca.

9 de abril de 2015 | 10:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.