publicidade hoxe

O Rodeira gaña a segunda xornada da liga galega de kaiak polo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportesPoio
A-
A+

O Rodeira, de Cangas, na categoría masculina, o Penedo, na feminina, e o Combarro A, en sub-16, foron os equipos gañadores da segunda xornada da liga galega de kaiak polo que se disputou en Verducido. A competición estivo marcada pola igualdade en numerosos partidos e tamén por unha ampla presenza de público. Xogáronse encontros desde primeira hora da mañá ata as sete da tarde.

O Rodeira superou na clasificación final ao Copacabana de Ferro, ao Combarro e ao Umia na categoría sénior masculina. O Penedo foi o mellor na feminina, nun torneo no que presentou dous equipos. Na categoría sub-16, o Combarro A foi o mellor por diante do Copabacana e o Combarro B.

9 de abril de 2015 | 10:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.