O Repartidor do Frac visita o centro comercial As Cancelas
O centro comercial obsequiará con 8 premios de 500 € aos participantes do concurso que acerten todas as preguntas formuladas polo presentador. As Cancelas transformarase esta fin de semana nun escenario de concurso ao máis puro estilo televisivo con esta iniciativa na que a diversión está garantida.
Participar no ‘Repartidor do Frac’ é sinxelo: abonda con acceder á zona de xogo e presentar un tícket de compra de valor superior a 20 €.
As 8 quendas do concurso desenvolveranse entre o venres (ás 16:00, 18:00 e 20:00 h) e o sábado (ás 12:00, 14:00, 16:00, 18:00 e 20:00 h) e nelas os participantes deberán responder correctamente a unha serie de preguntas no escenario, que se dividirá en dúas zonas. Cada unha das cuestións formuladas polo repartidor terá dúas posibles respostas e os xogadores deberán posicionarse nunha ou outra zona, segundo cal consideren que é a opción correcta. Todos aqueles participantes que fallen irán quedando eliminados do xogo e así sucesivamente ata que só quede un deles, que será proclamado gañador.
O vencedor deste orixinal concurso recibirá un cheque de 500 € que deberá gastar nun tempo máximo de 60 minutos en calquera dos establecementos do centro comercial.











