publicidade hoxe

O proxecto Mulleres Colleiteiras aséntase en Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Ao longo da pasada semana comezaron a funcionar no municipio varios puntos de recolleita de aceites doméstico instalados polas integrantes do proxecto Mulleres Colleiteiras, co que colabora o Concello de Oleiros. Deste xeito, o CEIP A Rabadeira, o IES Xosé Neira Vilas, o CEIP Isidro Parga Pondal e a Asociación de Veciños San Cosme de Maianca son os primeiros en sumarse a esta iniciativa. Estas institucións xa contan cun contedor de recolleita de aceites situado nun lugar accesible das súas instalacións para que os veciños e veciñas poidan depositalo de forma rápida e sinxela.

Ademais, outros colaboradores como a Asociación de Veciños Santaia e o IES Miraflores instalarán os seus colectores nos próximos días, participando nesta campaña de responsabilidade social e medioambiental, impulsada polo Concello de Oleiros na difusión e posta en marcha deste servizo para a cidadanía. O Proxecto Mulleres Colleiteiras ten como principal obxectivo o autoemprego de mulleres en exclusión social a través da xestión do aceite doméstico usado: recollida, tratamento e reutilización deste residuo a través de un proceso de inclusión social e laboral que busca fomentar o empoderamento e autoestima das participantes.

27 de abril de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.