O Prone Lugo F.S. prepárase para a súa visita ao Magna Navarra
O Prone Lugo empezará este luns a preparar o partido do próximo sábado (18:30 horas – Pavillón de Anaitasuna) ante o Magna Navarra, na que será o seu penúltimo partido da tempada.
Os de Manolo Vázquez loitarán por competir e poder sumar algún punto ante un rival que na pasada xornada asegurouse a súa participación nos play-off polo título da Liga, no seu afán de superar ao Uruguay Tenerife e cederlles o último posto da táboa clasificatoria.O técnico lucense espera recuperar para este partido ós lesionados Manuel María, Rubén Mouriz e Óscar Iglesias, mentres que Cospe seguirá sendo baixa por lesión.
Así se desenvolverá o traballo semanal:
Luns 6:
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Martes 7:
10:30 horas: Sesión Específica de porteiros (Municipal)
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Mércores 8:
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Xoves 9:
19:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Venres 10:
14:30 horas: Saída cara Pamplona. (Centro Deportivo Terra)
Sábado 11:
18:30 horas: Magna Navarra – Prone Lugo F.S.
Domingo 12:
Descanso











