O Prone Lugo F.S. colleita unha nova derrota ante o Magna Navarra
Disputaba o Prone Lugo F.S. o seu penúltimo partido a domicilio dunha tempada para esquecer, o envite se antollaba complicado, e así o demostrou o resultado final, un claro 7-0 favorable ao Magna Navarra, que con esta clara vitoria recupera a sétima praza.
Tras uns primeiros minutos de tenteo entre os dous equipos, os locais deron un paso máis e no minuto 6 Roberto Martil inauguraba o marcador tras unha gran asistencia de Pablo Ibarra. No minuto 12 o propio Roberto Martil lograba o seu segundo gol da tarde e antes do descanso Javi Saldise deixaba o partido practicamente visto para sentenza poñendo o 3-0 ante un Prone Lugo F.S. que soamente tivo unha clara ocasión de gol nos primeiros vinte minutos de partido, nos pés de Javi Río.
Tralo paso polos vestiarios mantívose o dominio local, que xeraba numerosas ocasións de perigo, froito desas ocasións logro marcar tres novos goles nos primeiros dez minutos do segundo acto, no minuto 23 Marc Tolrà, no 25 José López en propia meta e no 30 novamente Javi Saldise. O partido pecharíase cun gol de Mario de penalti no minuto 35, logrando unha clara goleada para os locais, ante un Prone Lugo F.S. que apenas inquietou a Asier, soamente Diego Fente e Nacho Pedraza nunha falta xeraron perigo no segundo acto.
Para a próxima xornada o Prone Lugo F.S. despedirase da súa afección recibindo ao DLink Zaragoza, o sábado ás 18:00 horas no Pabellón Municipal de Lugo.











