publicidade hoxe

O prazo para inscribirse no Concurso de Tapas de Fene amplíase ata o luns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Fene, Juan José Franco, informou esta mañá de que o prazo aberto polo Concello para que os hosteleiros do municipio se anoten no VIII Concurso de Tapas pecharáse o próximo luns, 27 de abril. Deste xeito, amplíase en dous días. A inscripción debe realizarse no Rexistro Xeral da casa consistorial. Recordou que se o número de establecementos supera a veintena, o certame desenvolveráse durante 4 semanas (do 1 ao 31 de maio) e, se é inferior, durante tres (do 1 ao 24 de maio).

Trátase dun concurso xa consolidado na programación de ocio do Concello, tal e como proban os rexistros: Así, na edición anterior, se selaron máis de 8.000 tarxetas e completaron máis de 300 Fenerrutas. Este ano, mantéñense moitos dos aspectos do 2014, como os premios: sortearárse unha viaxe a Roma, Londres ou París entre aqueles que selen a Fenerruta –cortesía de Estrella Galicia-; unha escapada rural – cortesía de Organiza Viajes Fene-; unha estancia nas bodegas Palacios, na Rioja – cortesía de Exclusivas Rivas Suárez SL-, ou un ano de socio para unha persoa no ximnasio Fitness Fene –cortesía deste centro-. Así mesmo, todas as tarxetas cumprimentadas nos negocios participantes polos clientes entrarán a formar parte dun sorteo con diversos premios como cheques de compra, electrodomésticos ou un mes de clases de música.

Así mesmo, haberá tamén dous xurados –un profesional e os propios clientes-. O primeiro elixirá a mellor tapa creativa ou tapa tradicional e, o segundo, a mellor tapa popular creativa ou popular tradicional. Por último, o Concello editará unha guía na que figurarán os establecementos participantes para darlles promoción. E, como novidade, o concelleiro avanza que o Concello programará maxia, danza, máis música e incluso monólogos de humor. Os horarios de degustación das tapas será: venres de 20 a 22 h; sábados de 13 a 15 h e de 20 a 22 h, e domingo, de 13 a 15 h.

23 de abril de 2015 | 14:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.