O PP de Gondomar presenta a súa lista para as eleccións municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Neste ano de eleccións municipais, Fernando Guitián, preséntase por segunda vez, como cabeza de lista á alcaldía de Gondomar,concorrerá a estas eleccións municipais 2015, cunha lista electoral máis preparada e reformada. A lista electoral do Partido Popular de Gondomar, foi modificada por novas caras, nas que Fernando Guitián pon toda a súa confianza, ao mesmo tempo que agradece enormemente o labor levado a cabo por Paula Bouzos Barros e Carlos Lameiro Pérez, que non o acompañan nesta nova candidatura.

Esta nova lista electoral, integrada por homes e mulleres, que representarán todas as parroquias do municipio, fórmana: Fernando Guitián Guitián como cabeza de lista; seguido de Natalia Salgueiro Hermida, veciña de Gondomar e socia de Goberno durante esta lexislatura; o terceiro lugar da lista ocúpano Patricia Durán Pérez, de Chaín; no cuarto posto da lista vai Jesús Salgueiro Pérez, veciño de Morgadáns, que se presenta tamén pola Entidade Local Menor que posee a consideración de “pobo agregado”; Ignacio Troncoso Quintas, ocupa o quinto posto da lista e é natural da parroquia de Vincios; o sexto lugar é para Juan Carlos González Camesella, veciño de Peitieiros; seguido de Moises Saavedra González de Mañufe; no octavo posto está, María Sol González Iglesias, veciña de Donas; a veciña de Borreiros María Jesús Martínez Chouza, concurrirá no noveno posto e no décimo colócase Antonio Casal Fontán, que pertenece a Vilaza; e Daniel Dios Díaz por Couso, os postos seguintes da lista serán para, , Jesús Fernández Alonso, Begoña Domínguez Domínguez, Estafanía Iglesias Domínguez, Mercedes Quintas Dantas, Adolfo Correa Carrera, por este orden correlativo ata o posto dezasete que está ocupado por María Estévez Conde. Como suplentes están: Adrián Salgueiro de Saa, María Cruz Lamas Ambroa e Ana Isabel Casellas Ferreira.

Fernando Guitián, presenta esta lista como unha proposta a continuar cos proxectos iniciados, desde onde traballarán en cohesión, ofrecendo desde este grupo todo o esforzo para que entre todos, Gondomar sexa o municipio do que todos sentan orgullosos.

Facendo balance desta pasada lexislatura, sente moi satisfeito do traballo que se logrou facer durante este catro anos, agradecendo “o labor levado a cabo polos funcionarios do concello, sen os cales non sería posible, ningunha das actuacións ou obras realizadas e aos veciños que sempre se están implicando co seu traballo e as súas ideas, para que todo o feito fose realidade”.

 

24 de abril de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.