O Porto de Vigo recibe a máis de 4.500 persoas a bordo do Ventura
O Porto de Vigo recibirá ao longo da xornada de hoxe a máis de 4.500 persoas, entre pasaxe e tripulación, que chegarán a bordo do Ventura. Procedente de Lisboa (Portugal), o Ventura chegou á Estación Marítima ás 08.00 horas e está previsto que sobre as 17.30h., aproximadamente, poña rumbo a Southampton (Gran Bretaña). Durante a súa estancia na nosa cidade traerá a bordo un total de 3.344 pasaxeiros (3.274 británicos) e 1.182 tripulantes.
Tras a súa escala hoxe, mañá xoves tocaralle a quenda ao Brittania, en visita inaugural. Considerado como o novo cruceiro insignia de P&O, con capacidade para máis de 3.600 pasaxeiros, o Brittania destaca, entre outras cousas, polo seu tamaño. Con 330 metros de eslora, é o maior cruceiro construído para o mercado británico e foi bautizado o pasado 10 de marzo pola Raíña Isabel II.
Este buque conta co spa máis grande de todos os barcos de P&O e dispón dun total de 1.837 camarotes. Por primeira vez nun barco de cruceiros de P&O, todos os camarotes externos teñen balcóns. Dispón, ademais, de catro piscinas, unha delas dedicada para os adolescentes, ademais do coñecido como Spa Oasis.
En canto ao Ventura, foi construído no ano 2008 e ten capacidade para acomodar a un total de 3.574 pasaxeiros e 1.226 tripulantes, ao longo dos seus 290 metros de eslora e 36 de manga.
A bordo, o pasaxeiro teñen á súa disposición moitas áreas para o relax e o entretemento, entre as que destacan o espectacular “lounge”, con vistas panorámicas e inspirado na máxica cidade de Nova York, París e Sidney, ou as amplas e agradables zonas refrescantes, coas súas 5 piscinas, unha delas con xerador de ondas.
A súa extensa oferta gastronómica, con restaurantes de todo tipo, e o seu tamén extenso programa ideado para os máis pequenos, son outros trazos que destacan deste buque de 115 mil toneladas de rexistro bruto.
E para a amantes da arte, o Ventura conta cunha extensa galería con nin máis nin menos que 7.000 obras ao seu alcance. A bordo existen, ademais, unha infinidade de camarotes de moitas categorías, o 80% deles exteriores e o 90% dos exteriores con balcón privado.











