publicidade hoxe

O polideportivo de Sigüeiro acollerá o IV Campionato de Patinaxe Concello de Oroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOroso
A-
A+

O polideportivo municipal de Sigüeiro acollerá durante esta fin de semana a cuarta edición do Campionato de Patinaxe “Concello de Oroso”, que cada ano reúne a unhas 130 patinadoras. Os deportistas Aida Vieites, Pablo Vasallo e Nadia Iglesias serán os patinadores convidados en ambas as dúas xornadas.

O campionato comezará este sábado 25 abril, a partires das 10.00 horas, rematando a xornada de mañán ás 14.30 horas. O certame continuará pola tarde, entre as 16.00 e as 21.00 horas. Xa para o domingo, as sesións desenvolverase en horario de 16.00 a 20.00 horas.

A cita está organizada polo Club Patín Oroso e conta coa colaboración do Concello de Oroso, a Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Patinaxe. Así mesmo, conta co patrocinio do Club Hockey Compostela, Santos Salgado, Sigüeiro Impresiones, Atmósfera Sport, Coca-Cola e Tesec Audiovisuales.

 

23 de abril de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.