publicidade hoxe

O pleno de Brión aproba unha moción a prol do mantemento e gratuidade dos Rexistros Civís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O pleno municipal de Brión aprobou esta mañá unha moción do BNG a prol do mantemento e gratuidade dos rexistros civís. Unha moción presentada por vía de urxencia na propia sesión e que foi aprobada por unanimidade, se ben o PP fixo constar en acta que non compartía o argumentario da moción e que non tiña constancia de que se fose cobrar polos servizos que se prestan nos Rexistros Civís.

O pleno brionés instará á Xunta de Galicia a demandar que se garanta o servizo público, a atención nos xulgados de paz e a gratuidade futura nas funcións que prestan os rexistros civís, á vez que insta ao Goberno a paralizar o traspaso do Rexistro Civil aos rexistros da propiedade e mercantís.

8 de abril de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.