publicidade hoxe

O piragüismo de competición regresa a Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de MiñoDeportes
A-
A+

Un convenio asinado entre a Federación e o Concello permite a volta a Castrelo das probas de piragüismo. O concello de Castrelo de Miño aposta por diversificar os usos deportivos do parque náutico. Nos últimos anos, a maiores de probas náuticas, as instalacións do parque náutico demostraron que están habilitadas para a organización de probas como ciclismo, enduro, triatlón, btt, aindainas, campionatos de pesca…

En probas náuticas, o remo, a vela e o windsurf son as probas que se viñan realizando. Nesta aposta pola diversificación no ano 2014, o concello tras chegar a un convenio coa federación de motonáutica tamén se recuperaron as probas de motonáutica, celebrándose desde aquela varias competicións.

Neste ano 2015, se ben Castrelo de Miño sigue sendo o referente do mundo do remo, o concello levaba tempo tentando recuperar as probas de piragüismo. O piragüismo é o “deporte maioritario” no mundo náutico, con grandes éxitos, como campíons olímpicos como David Cal ou campionas do mundo como Teresa Portela.

Neste ano 2015 as conversas entre a federación galega de piragüismo e o concello de Castrelo de Miño permitiron chegar a un acordo para que o piragüismo volte a Castrelo de Miño.

CAMPIONATO GALEGO DOMINGO 5 DE ABRIL DE 2015

A primeira das probas terá lugar este domingo 5 de abril. Será unha regata do campionato galego infantil que vai achegar a Castrelo de Miño a máis de 500 participantes, que veñen acompañados dos seus pais, esperandose a visita de máis de mil persoas.
As probas realizaranse desde a primeira hora do domingo, e a entrega de medallas e trofeos terá lugar ás 14:15 horas.

Esta será a primeira das grandes probas de competición de piragüismo que se vai realizar ao longo deste ano 2015 en Castrelo de Miño. Con estas probas que atraen a tantos deportistas e visitantes o concello pretende apoiar a todo o sector hosteleiro do concello, que no último ano tivo un importante crecemento.

Acaban de reabrir as instalacións de cafeteria do parque náutico, que agora contan con servicio de restaurante, e nas inmedacións do parque náutico abriron recentemente un novo restaurante en Barral e un café bar en Oleiros que se suman ás duas cafeterías existentes en Cortiñas.
A poucos quilómetros Miño arriba, o pobo de Vide, tamén dispón dunha cafetería con servizo de restaurante.

1 de abril de 2015 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.