O Náutico Rodeira comeza terceiro na liga nacional de kaiak polo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Este fin de semana comezou a liga Nacional de Kaiak Polo co primeiro torneo da tempada disputado na localidade murciana de San Pedro de Pinatar. Á cita o Náutico Rodeira desprazou ao seu equipo de kaiak polo composto por David Fernández, Manuel Pastoriza, Andrés Cordeiro, Rubén Rodríguez e os mundialistas Alejandro Casal e Jon Martínez.

Durante a fase de grupos os cangueses mostraron estar nun excelente estado de forma que lles permitiu pasar como primeiros de grupo ás semifinais enfrontándose contra o Retiro, un dos  equipos máis fortes da liga. Tras caer contra o equipo madrileño, os galegos concentráronse na pelexa polo bronce vencendo ao Castelló por un axustado 5-4.

Este resultado colócaos en terceira posición nacional, dentro dos postos para o Europeo. “Estamos moi satisfeitos co torneo realizado aínda que non nos conformamos” sinalan os xogadores, que lideran a liga Galega e que a tempada pasada fixeron historia participando por primeira vez no Campionato de Europa por clubs.

13 de abril de 2015 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.