O Náutico Rodeira afiánzase como líder na Liga Galega de Kaiak

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+
Rodeira Kaiak Polo

Rodeira Kaiak Polo

Este pasado fin de semana disputouse no complexo deportivo do encoro pontevedrés de Pontillón o II Torneo da Liga Galega de Kaiak Polo organizado polo Club Kaiak Polo Combarro. O evento contou coa presenza do equipo absoluto do Náutico Rodeira, que acudía á cita como líder provisional despois da súa vitoria no primeiro torneo da tempada o pasado mes de marzo en Ferrol.

Os cangueses volveron mostrar o seu gran estado de forma dominando o torneo desde o seu inicio sen encaixar ningunha derrota. Tras clasificarse como primeiros de grupo vencendo ao C.K. Combarro por un claro 0-8 e ao Copacabana por un axustado 2-1, cruzándose despois co Umia en semifinais co resultado de 11-0 a favor dos do Morrazo. A final, como vén sendo “tradición”, foi protagonizada polo Náutico Rodeira contra o Copacabana na que os cangueses se impuxeron cun contundente 5-1. As dúas vitorias acumuladas sitúan ao Rodeira máis líder na liga galega demostrando que é un dos grandes favoritos a levala esta tempada.

7 de abril de 2015 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.