O mercado da Magdalena acollerá mañá a segunda sesión do obradoiro de cociña “Pequechef”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol, que dirixe Verónica Casal Míguez, organiza mañá sábado unha nova sesión do obradoiro “Pequechef” dirixido a menores entre 7 e 12 anos. Un total de 15 menores participarán durante a xornada de mañá na segunda sesión desta nova edición da actividade de cociña impartida polo chef Damián Alonso.

“Pequechef” se desenvolverá no Mercado de A Magdalena e dará comezo ás 11:00 horas coa presentación e entrega do material e continuará cun percorrido polas instalacións para que os menores merquen os alimentos para realizar a receta. Ás 12:00 horas comezarán a cociñar o seu menú para despois degustalo. E por último, os pequenos recibirán un diplomas que acreditará a súa participación en “Pequechef”.

Esta segunda edición responde á boa acollida da primeira, celebrada o pasado mes de febreiro. A primeira sesión desta segunda edición tivo lugar o pasado sábado, día 18, e participaron outros 15 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 6 anos.

24 de abril de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.