O mercadillo no Parque dos Condes non poderá celebrarse o 3 de maio
O Concello de Monforte informa de que debido á continuidade das obras de ampliación da pérgola do Parque dos Condes, non se poderá celebrar o mercadillo aínda este domingo día 3 de maio. Como xa explicou o goberno local hai uns días, a recuperación da actividade estará suxeita á finalización destas obras. O Concello manterá informados aos comerciantes da evolución das mesmas e da súa próxima finalización.