O Local de Música celebra o Fest no que participan oito grupos emerxentes
O Teatro Principal acolle este sábado, a partir das 18.00 horas (as portas abriranse ás 17.00 horas), o Fest organizado polo Local de Música de Pontevedra. O Fest é unha proposta da Concellería de Xuventude, a través do Local de Música, para promover a escena musical emerxente. Busca pór en valor a creación musicial de base nun espazo tan emblemático da cidade como o Teatro principal.
Os grupos participantes son:
• La buena magia
• Marvel PoP
• Cora Sayers
• La Casa de los ingleses
• Test Hammer
• Rëisk
• HAL 9000
• The Soul Breakers
Os obxectivos principais son:
• Presentar á comunidade unha mostra da escena musical independente nun espazo emblemático e representativo da cidade.
• Ofrecer aos grupos noveis oportunidades para darse a coñecer e desenvolver a súa carreira artística.
• Ofrecer aos grupos participantes a oportunidade de conseguir un material audiovisual especial e relevante que apoie á súa estratexia promoción.











