O Jofre acollerá este fin de semana unha obra cómica para adultos e un espectáculo de monicreques

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza este fin de semana dúas novas obras teatrais, unha para os adultos e outra dedicada aos máis pequenos, dentro da súa programación escénica no Teatro Jofre. A primeira peza “Love Room” chegará o vindeiro sábado, día 11, e dará comezo ás 20:30 horas; mentres que o público infantil, poderá gozar o domingo 12 do espectáculo de monicreques “Martes” a partir das 18:00 horas. As entradas para poder asistir a ámbalas dúas función poderán ser adquiridas de maneira anticipada a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural) pou no despacho do propio teatro municipal.

A comedia “Love Room”, escrita pola ferrolá Carmen Blanco, narra os sucesivos encontros hoteleiros dun home casado e cun fillo, e unha muller independente. Miguel é un xornalista deportivo inmerso en plena crise dos 40 que esperta unha noite na cama dun hotel ao lado de Marta, unha exitosa enxeñeira, solteira e sen fillos.

Así as cousas, o espectáculo de monicreques “Martes, un ser espacial” conta as aventuras de Martes, un ser espacial que naceu un martes de lúa chea nunha galaxia da que nunca saíu. É por iso que Martes tenlle medo a todo, ao lobo, aos monstros, aos tronos,… O seu amigo, Pin, participa dos seus xogos sen descanso. Un día, un monstro come as súas estrelas e a Pin, e Martes terá que enfrontarse aos seus propios medos para salvar ao seu único amigos e ás súas estrelas.

8 de abril de 2015 | 11:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.