O importe das axudas de emerxencia en Vilagarcía acadou os 300.000 euros
O constante aumento da demanda e da conseguinte actividade dos Servizos Sociais Municipais nos últimos anos segue a ter un claro reflexo no volume de axudas solicitadas e nos recursos económicos dedicado ás mesmas, segundo se desprende la memoria que está elaborando a concellería que dirixe Elena Suárez. En 2014, tan só no apartado de Axudas de Emerxencia Social Municipal, este departamento concedeu case un milleiro de peticións, o que supuxo un desembolso de uns 300.000 euros.
A evolución do ano pasado en relación ao exercizo de 2013 segue a tendencia dos períodos dos anteriores superándose as cifras ano tras ano. En concreto, no 2014 o a administración local concedeu 975 axudas de emerxencia social, que sumaron 222.984’83 euros.
As axudas sociais que concede o Concello divídense en dous apartados. Por un lado están as axudas de emerxencia de pago único e por outro as de alimentación.
As de pago único son aquelas que responden a unha necesidade urxente e puntual que o usuario non pode sufragar nese momento, por iso concédese un único pago e non son renovables. Son para cubrir necesidades básicas como o aluguer, o pago da cota da hipoteca ou os recibos de auga, luz, gas ou comunidade.
En total foron 619 as axudas de pago único aprobadas en 2014 ás que se destinaron 111.234,97 euros. As maioría destas achegas concedéronse para afrontar o pago do recibo da luz (174), seguido do da auga (144) e do aluguer (126). O resto foron para cotas de hipotecas (69), gas (51) e comunidade (31) rexistrándose outras 24 axudas para motivos diversos de urxente necesidade.
No apartado de alimentación, os servizos Sociais Municipais aprobaron 356 axudas de emerxencia das que 318 foron para a adquisición de alimentos en xeral e 38 para latancia. O custe total deste tipo de achegas ascendeu a 111.749,86 euros.
Plan de Apoio Alimentación Infantil
Aínda que non están compatibilizadas dentro das Axudas Alimenticias de Emerxencia, os Servizos Sociais Municipais ampliaron a cobertura desta prestación ás familias con necesidades nesta materia a través do Plan de Apoio á Alimentación Infantil posto en marcha en verán. Este programa estaba destinado a axudar a aquelas familias xa usuarias dos Servizos Sociais e perceptoras de axudas alimenticias que, durante as vacacións escolares de verán, coa supresión dos comedores dos colexios nos que comían os seus fillos, vían incrementadas as súas. A maiores das axudas de emerxencia que xa percibía, reforzouse este apoio coa concesión de 42 paquetes de alimentos nos meses de xullo e agosto.











