publicidade hoxe

O Igape destaca en Vimianzo a mellora competitiva da empresa Induplan que prevé medrar nun 20% este ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVimianzo
A-
A+
Javier Aguilera na visita á empresa en Vimianzo

Javier Aguilera na visita á empresa en Vimianzo

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, salientou hoxe durante a súa visita á empresa Induplan a aposta firme da compañía pola mellora da súa competitividade, o incremento da súa actividade, a procura de novos mercados e a creación de emprego na Costa da Morte.

Industrias Plásticas del Noroeste (Induplan) incrementou o seu cadro de persoal máis dun 50% durante o último ano, pasando de 15 a 23 traballadores, e prevé incrementar a súa facturación este ano entre o 15 e o 20%.

Creada en 1976, a empresa de Vimianzo foi pioneira da introdución do PVC en Galicia e mantense como unha das catro primeiras deste sector de España, fabricando e distribuíndo carpintería tanto para particulares como para profesionais.

Na actualidade a compañía dispón dunha superficie industrial de 15.000 metros cadrados que está optimizando mediante a implantación de servizos de mellora do Programa ReAcciona orientados á profesionalización da produción e á mellora dos procesos de xestión e control dos stocks en almacén.

Induplan atende a clientes de todo o territorio nacional e este ano prevé reforzar as súas accións de consolidación cara a mercados exteriores, atendendo pedidos de clientes internacionais, de países como Suiza, que agarda afianzar nos próximos anos.

O Programa ReAcciona do Igape mantense aberto á presentación de solicitudes polas pemes galegas, ás que se lle facilitan servizos orientados a achegar novas competencias e habilidades ao capital humano co obxectivo de incorporar melloras consolidables na súa xestión.

29 de abril de 2015 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.