publicidade hoxe

O IEM acolle a presentación do libro “Mil Ríos” de Manuel Sendón e FranHerbello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Manuel Sendón presentará este xoves 9 de abril, ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Mil ríos, libro feito en co autoría co tamén fotógrafo FranHerbello no que documentan 34 expediciónsen piragua polos ríos de Galicia. A obra, de 324 páxinas,contén textos introdutorios a cargo Pedro de Llano e Federico López Silvestre,e 224 imaxes captadas ao longo desta aventura acompañadas coas súas respectivas bitácoras e gráficas do percorrido.

Decidimos percorrer os ríos, achegarnos ao descoñecido dende o que a nós nos resulta máis familiar, o mar. Subir a corrente ata onde nos sexa posíbel para así botarlle un pulso amigábel: de ti a ti. Como non facelo no “país dos mil ríos”?” comentan os autores na web onde reflectiron paso a paso esta aventura.

Sinalan que ao longo de tres anos navegaron nunha piragua amarela de tres metros e medio “que nos deixa o corpo amolado aos 20 minutos e que o adormece ás dúas horas”, mais que permitía enfrontar a viaxe cun punto de vista moi próximo á auga, “no seu mesmo plano”.

Os fotógrafos decidiron autoeditar o libro tras as negativas de la Consellería de Cultura e a Deputación de Pontevedra, segundo dan conta. Nel achegan historias que serán presentadas o vindeiro xoves, como a imprevisible perda dun dos móbiles con cámara que lles axudaba a documentar a expedición no río Xallas. O dispositivo estaba conectado a unha nube controlada polos autores e comezou a aparecer nesta unha serie de imaxes tomadas pola persoa que atopou o aparello días despois. Parte delas foron seleccionadas e integran o libro.

O acto contará cunha presentación a cargo do botánico Xosé Ramón García, membro da Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos.

8 de abril de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.