publicidade hoxe

O I Trofeo Rías Baixas de Piragüismo transcorrerá por Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Cambados e o Grove

Máis de 500 piragüistas de Galicia e Portugal participarán no I Trofeo Rías Baixas, patrocinado pola Federación Galega de Piragüismo, co apoio económico da Deputación. Esta mañá a deputada Begoña Estévez entregoulle a acta presidencial pola que se lle concede unha axuda de 10.000 euros á Federación organizadora do Trofeo. Antonio Barreiro, responsable de actividades da Federación Galega, expúxolle á deputada algúns dos pormenores deste I Trofeo que busca “dinamizar a competición deportiva despois de varios anos sen poder organizar o Trofeo Príncipe de Asturias, pero no outro lado da Ría”, segundo manifestou Antonio Barreiro.

I Trofeo Rías Baixas

O I Trofeo Rías Baixas desenvolverase o primeiro domingo de setembro e transcorrerá polas augas de varios concellos da ría de Arousa: Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Cambados e O Grove, se ben os responsables da Federación aínda non definiron o percorrido da proba, o punto de saída nin o lugar da meta do I Trofeo Rías Baixas.

Os responsables da Federación Galega de Piragüismo estiman que 40 clubs de toda Galicia e algún de Portugal participarán no I Trofeo Rías Baixas, no que 500 piragüistas competirán na categoría absoluta das modalidades K-4 e C-4, tanto masculina coma feminina.

30 de abril de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.