O goberno vigués concedeu onte 150 axudas de emerxencia para alimentos, enerxía e aluguer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Abel Caballero informou este martes que, no día de onte, o goberno que encabeza outorgou un total de 150 axudas de emerxencia para que familias que o precisen poidan facer frente a pagos de alimentación, enerxía eléctrica e aluguer. Dos case medio millón de euros orzamentados para o 2015, o goberno local leva gastados neste concepto 320.000 euros, polo que o alcalde adiantou que a partida será ampliada, como aconteceu no 2014.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes que, unicamente no día de onte, o goberno local concedeu un total de 150 axudas de emerxencia para colaborar nos pagos de alimentación, enerxía eléctrica e vivenda das familias con menos recursos, mostra da “premura coa que se están a dar todas estas axudas”, segundo afirmou.

O goberno de Vigo reserva no orzamento municipal case medio millón de euros para axudas de emerxencia, dos que xa se gastaron 320.000 euros ata o momento: “agotaremos a partida e ímola incrementar”, asegurou Caballero, quen recordou que o pasado 2014 xa ampliou os recursos ata os 750.000 euros para dar resposta á demanda.

28 de abril de 2015 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.