O goberno de Vigo concluirá a adecuación dos laterais da Avenida de Madrid en tres semanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O alcalde indicou este xoves que as obras van “a moi bo ritmo”, actualmente o Concello traballa no carril exterior dereito de descenso para, ao remate, comezar co de ascenso. É unha reforma “de gran envergadura” que pode conlevar “algunhas molestias de tráfico”, advertiu Caballero, quen lamentou a negativa do Ministerio de Fomento a humanizar os carrís centrais do principal acceso á cidade.

Abel Caballero estimou que en tres semanas concluirán os traballos de adecuación e asfaltado dos carrís exteriores da Avenida de Madrid, obras “de gran envergadura” que avanzan “a moi bo ritmo” e poderán conlevar “algunhas molestias de tráfico”.

O alcalde lamentou que o Ministerio de Fomento desdeñase a proposta de humanización planteada polo goberno que preside, o que posibilitaría que se estivera facendo actualmente a remodelación de toda a Avenida e non unicamente da parte exterior que executa actualmente o Concello.

16 de abril de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.