O goberno de Ferrol adxudica obras de pavimentación en camiños, estradas e pistas de Covas, Doniños e San Xurxo
A Xunta de Goberno Local acordou esta mañá adxudicar á empresa Ormer Construcciones S.L a execución das obras de “Pavimentación Camiño da Pedreira e Camiño da Fonte de Vidre en Covas, pavimentación estrada do Lago en Doniños e pavimentación de pista en Lobadiz en San Xurxo”. As obras ascende a un total de 77.978,30 euros (21% de IVE incluído).
Este novo parquete de actuacións no rural está financiado con cargo ao Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015 (PEIM), que conta con achegas do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR en Galicia 2007-2013.











