publicidade hoxe

O goberno de Fene levará a pleno o pago das facturas pendentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, explicou esta mañá que o goberno municipal que preside quere rematar o mandato limpo, sen deixar pendente de pago ningunha factura con proveedores. E quere que así sexa porque o Concello ten os cartos para facelo. Galego contrapuxo esta situación coa que el atopou cando accedeu ao cargo, con facturas por máis dun millón de euros sen pagar e sen fondos económicos para facelo.

Por iso, o alcalde anunciou que o goberno municipal levará ao próximo pleno, que se celebrará o luns, 4 de maio, o pago das facturas pendentes a día de hoxe. Facturas que ascenden a 300.000 euros. Destes, 100.000 euros se corresponden con facturas por suministros de enerxía eléctrica, ferretería ou outro tipo de consumos efectuados en decembro, pero que as empresas facturan en xaneiro. Os outros 200.000 euros responden na súa maioría a investimentos en arranxos de pistas, camiños ou rúas cuxas partidas, por traballar cun orzamento prorrogado, quedaron escasas para satisfacer todas as demandas veciñais.

O alcalde viuse obrigado a aclarar estes conceptos despois de que a oposición criticase a falla de información ao respecto. Engade que os grupos dispoñen dos documentos dende o primeiro día e considera estrano que, se houbese esa falla de información, non preguntasen na correspondente comisión.

30 de abril de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.