O García Márquez acolle o espectáculo teatral «Ultranoite no país dos ananos»
O próximo sábado 11 de abril ás 20:30 horas o auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle o pase Ultranoite no país dos ananos. O Grupo Chévere presenta esta obra baixo a dirección colectiva dos membros do grupo. Esta compañía, distinguida co Premio Nacional de Teatro 2014, propón unha viaxe retranqueira pola sociedade actual onde a lírica será a arma para o cambio. O prezo da entrada será de 5 euros.











